5 de setembro de 2021

A iniciativa xorde como sinal de protesta e rexeitamento do modelo de transición enerxética que, no caso de Galicia, está a sobrecargar o territorio de maneira irracional coa proposta de instalación de múltiples parques eólicos e as coas súas liñas de evacuación.

Os colectivos convocantes pretendemos visibilizar así a súa protesta contra o conxunto de seis polígonos eólicos proxectados na contorna das Fragas do Eume: Caaveiro, Pena do Corvo, Taboada, Santuario, Roidiz e Tesouro. En total, 104 aeroxeradores de dimensións superiores aos 200 metros de altura e que, de levarse a cabo, terán un gran impacto visual, económico, sobre o patrimonio cultural e natural e sobre a calidade de vida en toda a comarca.

Tanto as plataformas como os colectivos que convocamos esta marcha, reivindicamos unha transición enerxética xusta, distribuida socialmente e respectuosa coa biodiversidade e o territorio. Denunciamos que o rural está sendo obxecto dunha invasión de macroparques eólicos , no que se priorizan os intereses das compañías eléctricas fronte ao das persoas e por iso organizamos.

Por todo isto, marcharemos este domingo 5 de setembro, en catro roteiros reivindicativos e simultáneos polas Fragas do Eume.

 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

De onde saen os roteiros?

A CAPELA
Saída: O Pazo (localización).
Hora: 10:30h.
Ruta: dificultade moderada.
Máis información

CABANAS

Saída: Local Social do Loureiro, Lavandeira (localización).
Hora: 10:00h.
Ruta: dificultade moderada.
Máis información

MONFERO

Saída: Central A Ventureira (localización).
Hora: 11:00h
Ruta: dificultade moderada.
Máis información

PONTEDEUME

Saída: Alameda do Eume, Ombre (localización)
Hora: 10:30h
Ruta: dificultade sinxela
Máis información

Cal é o trazado dos roteiros?
Próximamente publicaremos información en relación cos trazados dos catro roteiros.

Onde rematan os roteiros?
Todos os roteiros rematan no Mosteiro de Caaveiro.

A que hora rematan os roteiros?
A chegada ao Mosteiro de Caaveiro está prevista as 12:30h.

Que faremos cando cheguemos a Caaveiro?
As plataformas e entidades organizadoras lerán un manifesto en contra dos macroeólicos e na defensa do rural.
Posteriormente, terá lugar unha asamblea entre as plataformas e entidades participantes no evento.

Que debo levar?

– Roupa e calzado adecuado para camiñar por sendeiros e monte.

– Botella ou cantimplora (con auga ou refresco ao gusto.).

– Comida (bocadillo, froita …)

*No Mosteiro de Caaveiro hai un bar no que sirven comida e bebida.

Que fago se teño a mobilidade reducida?

Para todas aquelas persoas que queran participar e teñan a súa mobilidade reducida ou non queren facer o roteiro camiñando, existe un servizo gratuito de autobús que conecta o Centro de Interpretación de Caaveiro (Pontedeume) co Mosteiro de Caaveiro (A Capela)
Saída: Centro de Interpretación de Caaveiro, Pontedeume (localización).

Horarios:

Ida: 10:30h, 11:30h,12:30h…
Volta: 13:00h, 14:00h, 14:30h, 16:30h…
Máis información

E se quero facerme un seguro de responsabilidade civil para o roteiro?

Dende as entidades organizadoras prevemos que, posiblemente, haxa alguna persoa interesada en tramitar un seguro de responsabilidade civil para facer o roteiro.

O seguro custa 2€ e da súa tramitación se encarga a Asociación Betula. Se estás interesado/a debes cumplimentar o seguinte formulario.

Funcionan as redes de telefonía e internet móbil?

É importante saber que, tanto durante os roteiros como no Mosteiro, a cobertura de telefonía e internet móbil e moi escasa é inexistente nalgúns puntos.

Haberá Protocolo Covid-19?

A actividade farase con cumprimento das medidas preventivas do protocolo Covid-19.
En todos os puntos de saída haberá un listado para recadar os datos das persoas participantes.