As Protestas Contra os Macroeólicos  Chegan á Coruña

“Iberdrola non Mola” foi a primeira pancarta que puiden ver diante da Delegación do Goberno na Coruña pero esta só era unha de tantas que había. “Eolicos no rural, despoboación total”, “¿Quen dixo que nos nosos montes mandabas ti?” e incluso unha viñeta de Davila configuraba a imaxe de mais de 200 veciños da contorna que estábamos ali visibilizando o problema que se nos ven enriba.

¡É unha barbaridade!, ¡Estannos machacando! Machacando o rural e machacando as aldeas. Así de contundentes e acertadas foron as frases dun representante de Monfero Di Non que tomou a palabra. Naide quere vivir cerca destes monstros e sufrir diariamente as consecuencias que todos coñecemos.

Pra min faltaron cánticos, consignas reivindicativas e sobretodo xente. Foi un primeiro paso positivo, unha toma de contacto, pero este e un partido largo no que nos estamos xogando a nosa terra e o noso modo de vida. Temos dereito a poder decidir colectiva e individualmente como queremos vivir, en que entorno e ningunha empresa, estado ou organismo debería ter lexitimidade pra cambialo sen o noso consentimento.

Samuel A. Anton “veciño de A Capela”