ALEGACIÓNS

 

PRESENTA A TÚA ALEGACIÓN!

Por qué?

A plataforma veciñal A Capela di Non, está a recadar firmas contra os Parques Eólicos de Caaveiro e Tesouro, que xunto con outros 4 parques máis, conforman un macroproxecto eólico para as comarcas do Eume e Ferrolterra.

Neste sentido, consideramos que a transición enerxética cara un modelo baseado en enerxías renovables é un compromiso ineludible. Con todo, cremos que esta transición debe ser xusta, distribuída socialmente e respectuosa coa biodivesidad, a paisaxe e tendo en conta, tamén, o benestar e a saúde das persoas.

Calqueira persoa pode alegar, non fai falla ser veciño/a dos concellos afectados.

Precisamos da túa colaboración, axúdasnos?

Descarga, imprime e presenta por rexistro a túa ALEGACIÓN

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN 4 de agosto

PARQUE EÓLICO CAAVEIRO

 

PARQUE EÓLICO TESOURO

 

Ademáis das alegacións contra os Parques Eólicos, tamén se poden presentar alegacións contra as liñas de alta tensión (LAAT) que conectarían os diferentes parques e ocuparían o noso territorio coas torretas e cables.

LIÑA DE ALTA TENSIÓN

Documento de alegación Liña de alta tensión

 

Onde presentar as alegacións?

Os documentos que os interesados dirixan aos órganos das Administracións Públicas poderán presentarse:

REXISTRO ELECTRÓNICO

Pódese presentar a alegación por rexistro electrónico, co certificado dixital.

REXISTRO PRESENCIAL

No teu Concello. Na Delegación do Goberno, nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, etc. Nas oficinas de Correos. Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no extranxeiro.

DOCUMENTO DE REPRESENTACIÓN

Para aqueles/as que non podan presentar a súa alegación persoalmente, deberán cumprimentar o seguinte documento autorizando a un terceiro a presentación das súas alegacións no seu nome.