Plataforma veciñal
A CAPELA DI NON

Quenes somos

Somos un grupo de veciños y veciñas do Concello da Capela que creamos esta plataforma para manifestarnos contra a construción dos Parques Eólicos de Caaveiro e o Tesouro, xunto cos outros 4 parques eólicos que conforman o macroproxecto para as comarcas do Eume e Ferrolterra.

Temos a forza de impactar no noso futuro e estamos a facer algo ao respecto.

Vémonos obrigados a situarnos na causa, debido ao gran impacto perxudicial que estes parques causarían na nosa flora, fauna, augas e tamén na nosa saúde.

A transición enerxética cara a un modelo baseado en enerxías renovables é un compromiso inevitable, con todo consideramos que esta transición debe ser xusta, distribuída socialmente e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe.

Noticias

MANIFESTO DE CAAVEIRO

MANIFESTO DE CAAVEIRO Por unha transición enerxética xusta e sustentableO mundo atópase nunha situación de crise ecolóxica sen precedentes na que todos os seres do planeta estamos afectados dun xeito que pode chegar a ser irreversible. O desenvolvemento humano dos...

leer más

Por que non gusta isto?

RUÍDO

Insoportable e constante que provoca nas persoas problemas cardíacos e alteración no sistema nervioso (estrés crónico, insomnio…). Os infrasóns emitidos polas tirnimas tamén afectan nefativamente ao gando.

INTERFERENCIAS

Dificultan o funcionamento dos sistemas de telecomunicación, da radionavegación aérea e dos radares.

EFECTO DISCOTECA

Ou parpadeo das sombras das aspas en movemento que caen enriba das casas ocasionando un efecto moi molesto.

ACCIDENTES

Polo desprendemento de pezas. No inverno es aspas poden acumular xeo e lanzalo a varios quilómetros de distancia.

PERDA DE VALOR

Dun 30% das casas e terreos ubicadas ata 3KM do parque.

INVASIÓN

Do espazo forestal e agrario, queda dependente do macroparque por 30 anos prorrogables. Necesitan moito espazo para todos os elementos do macroparque.

IMPACTO NAS AUGAS

Caudais, fontes traídas.

IMPACTO NA PAISAXE

Convertida en polígono industrial. Tanto o benestar que nos a paisaxe como a propia economía e experiencia do Camiño de Santiago veranse gravemente afectados.

INTERFIRE NOS USOS DO SOLO

Interfere no uso gandeiro, agrícola e forestal

VAI XERAR POSTOS DE TRABALLO?

Non, moi poucos, escasos e temporais, ligados ao periodo de construción.

RURAL DESPOBOADO

Quen quererá vivir cerca dun parque eólico? Estas instalacións farannos perder o benestar do rural: o silencio, a tranquilidade, a paisaxe. A perda de poboación ano a ano irá minguando a economía dos comercios locais. Non é un elemento dinamizador do entorno porque non existen actividades asociadas.

NON ABARATA O RECIBO DA LUZ

Convertida en polígono industrial. Tanto o benestar que nos a paisaxe como a propia economía e experiencia do Camiño de Santiago veranse gravemente afectados.

Mapa Parque Eólico Caaveiro

Como se verá afectada a zona

VER TODOS OS MAPAS

Temos a forza de impactar no noso futuro e estamos a facer algo ao respecto.

- A CAPELA DI NON

Póñase en contacto connosco